menu Menu
13 artigos rexistrados
Oficina de Obxectos Perdidos
Páxina anterior Páxina seguinte
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (13)

Cando era pequeno escoitaba, e xa me daban repelús, historias dos meus primos maiores, do  meu pai, dos meus tíos, sobre a grandeza da vida militar. Que se os mellores amigos facíanse na mili. Que se para ser un home había que ir á mili. Que xa verás cando esteas de imaginaria. Que divertidas as […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Oficina de Obxectos Perdidos en Marzo 13, 2011 3 min lectura Seguir lendo
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (12)

Cando era neno os meus pais esforzáronse moito, como tanta xente que o pasara mal despois da Guerra Civil, en que apuntara alto, repetíndome que era fundamental ser mellor que os demais. Supoño que non foron orixinais. Pero había que ser o mellor, despuntar, destacar, relacionarse… E así cada sobresaliente era celebrado con olladas de […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Oficina de Obxectos Perdidos en Febreiro 27, 2011 2 min lectura Seguir lendo
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (11)

Hoxe chamáronme da Oficina de Obxectos Perdidos desta illa de náufrago, moi cedo, que fora correndo, que había un paquete gordísimo de libros e que, sendo libros, só podían ser para min. Vestinme a fume de carozo, moi contento. Xa sabedes que eu, coma Borges, penso o paradiso como unha gran biblioteca (pero con iPad, […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Oficina de Obxectos Perdidos en Febreiro 20, 2011 2 min lectura Seguir lendo
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (10)

Mañá collerei un avión que me levará fóra de casa por cousas de traballo. Moitos quilómetros antes que o sol naza. Despois, cando o sol leve xa moitas horas descansando, collereino de volta. A última vez que voara en avión, hai uns meses, aproveitara para me mergullar na poesía de Berger. Levitei por riba das nubes, sabendo que […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Oficina de Obxectos Perdidos en Febreiro 13, 2011 1 min lectura Seguir lendo
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (9)

Hai uns días recibín un email no que Roberto, bo amigo e mellor escritor, traballador incansable da palabra, procurador da beleza, e lector deste blog, me informaba de que, para a Oficina de Obxectos Perdidos me deixaba, na caixa dunha coñecida librería viguesa, unha cousa para min. Non tardei nin media segundo en ir recoller […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Oficina de Obxectos Perdidos en Febreiro 6, 2011 1 min lectura Seguir lendo
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (8)

Parece que non. Pero si. Parece que como vivimos nesta exposición permanente de blogs, facebooks, twitters, etc., contámolo todo e que todos saben todo de nós. Pero non é así. Para nada é así. Hoxe saín pasear por esta illa de náufrago, matinando nestes asuntos, reflexionando con calma sobre a tendencia de moitos e de […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Oficina de Obxectos Perdidos en Xaneiro 30, 2011 1 min lectura Seguir lendo
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (7)

Unha das cousas que fago e volvo facer dende que teño recordo, é ler. Todos os días sen excepción. Así que comprenderedes a miña desesperación, que sei que moitos de vós tamén sentides en moitas ocasións, cando pasan os libros e pasan as páxinas e os volumes e non dades atopado un texto arrasador, unha historia […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Oficina de Obxectos Perdidos en Xaneiro 23, 2011 2 min lectura Seguir lendo
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (6)

Hai moitos anos, cando tiña vinte e poucos, usaba un fermoso reloxo que imitaba á madeira que levaba sempre pendurado do peto dereito do meu pantalón ou por dentro dun chaleque. Parecía un señor maior. Barbudo e serio coma un segundo tráxico. Aos trinta  e pico perdín o reloxo aquel e, en troques de mercar […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Oficina de Obxectos Perdidos en Xaneiro 9, 2011 1 min lectura Seguir lendo
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (5)

Hoxe, como cada domingo, acodín, porque é o único día nesta illa de Náufrago que abre, á Oficina de Obxectos Perdidos. E en troques de ir a última hora, como sempre facía, aquí me tendes, a primeirísima hora da mañá, preguntando se é que alguén trouxo algún daqueles libros da Sabedoría que consultaba antes, cando era […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Oficina de Obxectos Perdidos en Xaneiro 2, 2011 1 min lectura Seguir lendo
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (4)

Hoxe fun preguntar, como cada domingo, por algo que se me perdeu á Oficina de Obxectos Perdidos que hai na miña illa de náufrago. Fun preguntar polo Compás Que Sempre Apunta Ao Norte, que foi o que se me perdeu, e que, paréceme, leva perdido toda a miña vida. Sei que debería ter un. Sei que […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Oficina de Obxectos Perdidos en Decembro 27, 2010 1 min lectura Seguir lendo
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (3)

Hoxe e como cada domingo fun á Oficina de Obxectos Perdidos desta miña illa de náufrago, pois de madrugada, no medio da noite, parolando coma un obseso coas musas, decateime de que perdera un pincel co que, dende cativo, pinto nas paredes da miña cova. Xa sabedes cal é: o pincel ese que nos daban […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Oficina de Obxectos Perdidos en Decembro 20, 2010 1 min lectura Seguir lendo
NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (2)

Como cada domingo abriu nesta miña illa de náufrago, a Oficina de Obxectos Perdidos. Eu estaba fronte a porta dende primeira hora da mañá, ansioso, pois perdín unha aguia de moito valor que vivía comigo na miña cova. Ela servíame para erguerme por riba do mundo e, dende alí, velo todo doutra maneira. A miña […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Oficina de Obxectos Perdidos en Decembro 12, 2010 1 min lectura Seguir lendo
O NÁUFRAGO AVISA

que cada domingo, PERO SÓ OS DOMINGOS, abrirá na súa illa unha Oficina de Obxectos Perdidos, para que, entre todos, atopemos esas cousas que un día perdemos e que igual xa non imos recuperar máis nunca. Se alguén considera que perdeu algo e puidera ser que entre todos e entre todas llo atopemos, pois que […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Oficina de Obxectos Perdidos en Decembro 6, 2010 1 min lectura Seguir lendo

Páxina anterior Páxina seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar