© Francisco Castro 2018
Estamos aquí para facer memoria. Porque a memoria, faise. A memoria dos pobos non aparece porque si, non cae do ceo e moito menos dos púlpitos ou dos cuarteis. A memoria facémola entre todas e todos, a sociedade civil libre, liberada, maiore de idade e sen tutelas. A memoria do que debe ser constantemente relembrado. […]
DEMASIADO SILENCIO NA CULTURA GALEGA SOBRE O ASCENSO DO FASCISMO, NON VOS PARECE? Hoxe, Nós Diario publica esta entrevista comigo. Sincérome sobre algunhas cousas que me preocupan. E sobre todo, sobre os silencios que me preocupan. Velaquí.
Así titulei o meu traballo sobre o oficio e o reto que temos os editores galegos nestes anos que han vir. Podes descargalo na seguinte ligazón: O catálogo dun editor é a súa novela.
Sete autoras e autores da literatura galega contemporánea escríbenlle unha carta de inverno a Agustín Fernández Paz, escritor finado en 2016. Esta peza complementa o podcast sobre ‘Cartas de inverno’ que iniciou a segunda temporada da serie NALINGUA. Podes lelo aquí.
Publiquei este artigo na revista GRIAL dentro da súa sección FEMINISMOS. Podes descargala aquí.
Rematei a lectura do libro de Xaquín Núñez Sabarís, premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2019, Cartografías da narrativa galega contemporánea. E quero recomendárvolo moi vivamente porque coido que dá pistas máis que suxestivas para entendermos o estado actual da literatura galega, do que se está facendo nos anos derradeiros. O libro é unha viaxe pola […]
Na Editorial Galaxia publicamos hai unha semana o ensaio de Slavoj Žižek titulado Pandemia. A Covid-19 sacode o mundo, un texto urxente que un dos pensadores máis influentes da actualidade escribiu e que está a ser un éxito de vendas, e de impacto, en todo o mundo. En galego témolo grazas ao traballo de tradución, […]
Hai escritores que son un destino. Que saben que non están para contar historias, senón para contarse a si mesmos, e que eles mesmos son, de paso, un destino. Deses autores, a súa obra interésanos non polo que narran, que tamén, senón pola música que desprenden, que vén sendo a sístolediástole do seu xeito de […]
Hai un mar agardando por nós por ti e por min por todos os navegantes e por todos os náufragos. Un mar grande, pirata libertario e esnaquizador de derrotas. Inmenso coma a liberdade turra do corazón dos nenos esas almas de peixe. Hai un mar quentando as nubes dando de comer aos poetas salferindo de […]
A muller apareceu cinco metros máis á dereita, segundo miramos para o norte, e non na mesma fosa que os demais. Ela non estaba na fosa, digamos, a grande, a que tiña tantos ósos xa etiquetados, marcados todos con aqueles pequenos papeis autoadhesivos con cadanseu número, 1, 2, 3… díxitos que aspiran a ser significado, […]
Nos Estados Unidos edítase esta revista. Pedíronme un poema. Deixo aquí a versión orixinal en galego.
A pregunta da que parto neste texto é dura. Moi dura. Porque non estou preguntando, como podería concluir quen fixese unha interpretación rápida, sobre se lemos moito ou pouco, ou se a mocidade le máis ou menos nesta era das pantallas. Xa se sabe, son nativos dixitais (sexa iso o que sexa, eu, que teño 52, […]
O meu artigo sobre o máis que probable nomeamento de Ricardo Carvalho Calero como persoeiro das Letras Galegas 2020. Aquí.
Hai quen di, Ciudadanos concretamente (e boa parte do PP), que o castelán está perseguido en Galicia. Hai quen di, VOX concretamente, que Franco non foi un ditador asasino. Igual que negan que exista a Violencia de Xénero. A todos eses “negadores” dedico hoxe o meu artigo de Opinión en La Voz de Galicia. Queda […]
Páxina anterior Páxina seguinte
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.