menu Menu
13 artigos rexistrados
Rexistro de soños
Páxina anterior Páxina seguinte
Rexsitro de soños 15

15 de maio de 2020

Esta noite volvín a México. Estiven alí dúas veces e devezo por volver. Namorei. Da súa xente. Da cor. Do tempo vital lento…mooooi lento. Do recendo da terra. Desa forma de caos sen sentido que é un pouco todo naquela terra excesiva. En canto se poida, collo un avión e volvo. No meu soño desta […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Maio 15, 2020 1 min lectura Seguir lendo
Rexistro de soños 14

13 de maio de 2020

Cando tiña 20 e poucos gastaba barba de filósofo, lentes redondos de filósofo, actitude grandilocuente de filósofo. E fumaba en pipa. Quería ser un home complexo. Co paso das décadas, fun simplificando todo. Sobre todo a min mesmo. Tentei parecer menos e ser máis. Esta noite soñei que volvía fumar en pipa. Aquel tabaco curado […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Maio 13, 2020 1 min lectura Seguir lendo
Rexistro de soños 13

6 de maio de 2020

Decididamente, os que me seguides xa teredes claro que a música forma parte crucial da miña vida e que nos meus soños está moi presente. Esta noite, soñei que estaba nun concerto de Carlos Núñez na Praza da Quintana, en Santiago. O público estabamos de pé pero obedientemente organizados en pequenos grupos de tres persoas […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Maio 6, 2020 1 min lectura Seguir lendo
Rexistro de soños 12

4 de maio de 2020

Soñei que era un cantante brillante nos 80. Que enchía teatros. Que soaba nos 40 Principales. Fun a Tocata, La Bola de Cristal e La Edad de Oro. Soñei festas e cocaína. Mulleres de plástico e felicidade de alcanfor. Soñei limusinas e billetes de mil pesetas por todas partes coma agullas hipodérmicas. Soñei abandono, esquezo. […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Maio 4, 2020 1 min lectura Seguir lendo
Rexistro de soños 11

30 de abril de 2020

Hai noites nas que, coma hoxe, se me aparecen grandes argumentos de grandes novelas. Decátome, mentres estou inmerso no soño, de que teño diante de min A Gran Historia. Polo xeral, esperto e vou correndo a anotar o que dende eses vieiros do inconsciente se me está contando. Iso me aconteceu esta mesma noite. E […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Abril 30, 2020 1 min lectura Seguir lendo
Rexistro de soños 10

29 de abril de 2020

Moitas veces teño soños de alta carga política. Soñei que estaba nunha concurrida manifestación. Custaba camiñar. Pero porque o chan era de lama e iamos todos descalzos. Porque viñan coches de fronte que nos embestían. Porque aló no fondo, onde estaba o noso destino, había lobos babexando con bocas abertas con cairos metálicos. Aínda así, […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Abril 29, 2020 1 min lectura Seguir lendo
Rexistro de soños 8

22 de abril de 2020

O desta noite foi especialmente estraño e axitado. Soñei que o mundo era outro. Todo era montañas, templos, praias que se confundían cos vales. Nin rastro das cidades. Nada. Case que non había xente. Eu paseaba ao bordo dun precipicio. Tiña que ir a unha universidade falar da nova situación Pospandemia. Tardei en chegar polo […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Abril 22, 2020 1 min lectura Seguir lendo
Rexistro de soños 7

20 de abril de 2020

Fun profesor de Filosofía en Secundaria durante 18 anos. Por iso soño moito coas aulas, con aquel tempo, con aquel alumnado que agora xa é grande (deixeino hai case 13 anos) pero que, nos meus soños aínda é adolescente. Botei a noite falándolles de Descartes. O que me apetecía era contarlles os amores coa raíña […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Abril 20, 2020 1 min lectura Seguir lendo
Rexistro de soños 6

19 de abril de 2020

Esta foi unha noite movida. Soñei que fuxía, por desenmascarar a súa mafia, duns sicarios madereiros estadounidenses. Metíame entre os troncos dun camión que transportaba madeira por todo o país. Pero non sei como, decatábanse de que estaba alí e disparábanlle ás rodas e o camión volcaba. Teño o recordo nídio da sensación de estar […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Abril 20, 2020 1 min lectura Seguir lendo
Rexistro de soños 4

17 de abril de 2020

Esta noite soñei en branco e negro. Estaba en Bulgaria e en plena Guerra Fría. Calculo que nos 60 do século pasado. Eu era un espía naquel país. Teoricamente traballaba como taxista. Pero en realidade, era un espía. Nin idea de para quen traballaba pero paraba o taxi fronte de instalacións militares e facía fotos […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Abril 17, 2020 1 min lectura Seguir lendo
Rexistro de soños 3

15 de abril de 2020

Esta noite soñei que conducía un coche do futuro porque estaba no futuro e todas as edificacións eran do futuro e a xente ía como vestida, eu tamén, con mallas plasticas. Tiña uns lentes cos que vía a estrada coma se fosen cuadrículas, ao Mátrix, e conducía por un longo túnel inacabable de paredes polas […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Abril 15, 2020 1 min lectura Seguir lendo
Rexistro de soños 2

14 de abril de 2020

Esta noite soñei que estaba de novo en México, pero nese país interior rudo, verdadeiro e de cores ao que devezo volver e ao que volverei en canto se poida. Era unha festa de madrugada. Lembro alcohol, moito, e mariachis. Bailei agarrado a unha mariachi, toda a noite, cancións amargas de Joaquín Sabina pero en […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Abril 14, 2020 1 min lectura Seguir lendo
Rexistro de soños 1

13/04/2020

Esta noite soñei que era un nadador profesional. Soñei que tiña que participar nunha Olimpiada, pero era xordo e daquela non podía escoitar a bucina que indicaba que comezaba a carreira, así que tiña que saír cando todos os demais saían e, claro, saía máis tarde que os demais. Non sei como pero gañaba a […]

Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Rexistro de soños en Abril 13, 2020 1 min lectura Seguir lendo

Páxina anterior Páxina seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar