© Francisco Castro 2018
O Observatorio da Cultura Galega vén de publicar un rigoroso informe que demostra que, mentres que no resto de España sobe o emprego cultural, é dicir, que cada vez hai máis persoas que traballan na cultura (escritores/as, pintores/as, actores-actrices, etc.), en Galicia perdemos, ao respecto de 2017, 1500 persoas. Concretamente en España medrou o número […]
Lin con grande interese o traballo titulado A INTERNACIONALIZACIÓN DA LITERATURA GALEGA EN TRADUCIÓN AO INGLÉS: NOVAS OPORTUNIDADES PERANTE UN MERCADO EDITORIAL BRITÁNICO-IRLANDÉS EN APERTURA e que recolle, da autoría de Olga Castro (University of Warwick, Gran Bretaña) e de Laura Linares (University College Cork, Irlanda) as conclusións das xornadas que o Consello da Cultura Galega e The […]
Lectores conectados a sensores que miden as súas reaccións cando len un texto inédito, lectores monitorizados para estudar o movemento dos seus ollos ao ler, as súas reaccións cerebrais para saber se se aburren ou están realmente interesados, máquinas que analizan, con eses sensores, en que momento o libro deixa de ser interesante…. No pasado […]
A miña amiga Mercedes Cerdeiras, gran bibliotecaria na Coruña e lectora intelixente, púxome na pista de 12min Book Summary Library, unha app que nos ofrece o que eles chaman microlibros que, segundo eles, poden lerse nun máximo de 12 minutos. A aplicación, que xa teño instalada no meu móbil, garante que vas ler libros pero indo […]
A pregunta da que parto neste texto é dura. Moi dura. Porque non estou preguntando, como podería concluir quen fixese unha interpretación rápida, sobre se lemos moito ou pouco, ou se a mocidade le máis ou menos nesta era das pantallas. Xa se sabe, son nativos dixitais (sexa iso o que sexa, eu, que teño 52, […]
Páxina anterior Páxina seguinte
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.