menu Menú
'CHAMÁDEME SIMBAD' SAIRÁ EN BRASILEIRO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 2, 2012 0 Comentarios 1 min lectura
UN LIBRO É ALGO MÁIS QUE INDUSTRIA Anterior TAL DÍA COMA HOXE HAI 50 ANOS (A importancia de non tirar a toalla) Siguiente

O ano non pode comezar mellor.

Despois da edición, hai uns meses, do meu Chamádeme Simbad en castelán e catalán, recibo a nova de que axiña ha sair no Brasil.

Podedes facervos unha idea do contento que estou diante de tal acontecemento. Porque, como digo sempre, eu escribo na lingua do meu país, pero con vocación de que me lean, de ser posible, en todo o mundo. Por iso cada nova tradución é unha ledicia que axuda a coller folgos, a seguir madrugando e a continuar, dende a máis grande da humildade, escribindo como se sempre fose a vez primeira.

E como estou moi contento, pois volo tiña que contar.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar