menu Menu
CIDADE DA CULTURA MANUEL FRAGA IRIBARNE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Agosto 23, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
BORGES 110 Anterior ¿POR QUE RECIBEN SUBVENCIÓNS OS XORNAIS GALEGOS? Seguinte

cidade

Hoxe, en varios medios de comunicación galegos, Manuel Fraga Iribarne declara que os responsables políticos farían ben se decidiran poñerlle o seu nome á Cidade da Cultura. Sen dúbida, o senador non sabe que non é de moi boa educación ir pedindo recoñecementos, pero en fin.

Non é diso do que quero falar, senón da curiosa dobre maneira que algúns políticos teñen de entender a palabra “ideoloxizar”.

Seica as Galescolas ideoloxizaban (a bandeira galega e, sobre todo, ¡ouh anatema!, ¡vade retro, Satanás!, falábase todo en galego) pero darlle o nome a unha institución que, segundo se declara, quere ser referente mundial no que a cultura se refire, dun antigo ministro dun dictador fascista e criminal, que ademais fundou un partido político concreto, iso, seica, non é facer ideoloxía.

Aínda van atreverse…


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar