Un dos escritores, para min, máis interesantes do momento, Michel Houellebecq ( na foto ) e do que xa falei hai unha chea de tempo neste blog presenta a súa película, A posibilidade dunha illa, feita sobre a súa propia novela do mesmo título.
Será no festival de cine de Lucarno, onde outro director, Chuck Palahniuk, presenta Choke, outra fita sobre unha novela súa. Para dentro duns días, será o italiano Alessandro Baricco, o autor de Seda, quen asistirá a ese festival en calidade de director de Lezione 21.
Tanto escritor célebre metido a director de cine podería, de primeiras, confundir. Pero é do máis lóxico: os escritores de finais do século XX ( e estes comezaron o seu corpus nese tempo ) son fillos do cine, como os que empezamos a darlle con forza á tecla no XXI somos fillos da televisión. Non podemos evitar, xa que logo, que as nosas estruturas narrativas estean tan pegadas á linguaxe cinematográfica.
Xa que logo, dentro de nove ou dez anos, veremos novelas escritas por uns mozos e mozas fillos das videoconsolas. E teremos que aprender a ler con esas claves.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.