menu Menú
Co meu 'Spam' en italiano
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en agosto 1, 2012 0 Comentarios 1 min lectura
Dende o tempo de Rosalía de Castro nada mudou Anterior OS RECORTES EN SANIDADE, O ABORTO E O CATOLICISMO DO PP Siguiente
O día empeza ben. Chego ao despacho e alí están os meus exemplares de ‘Spam’ en italiano, publicados por Edizioni dell’Urogallo. Esa é a cara de ledicia que se me quedou ao saber que o meu libro xa anda polas librerías da terra de Marco Polo.
Xa sei que me repito, pero escribo na miña lingua pero coa idea de que me lean en todo o mundo, por iso son tan importantes as traducións, en especial, as que conseguen as linguas minorizadas, que non minoritarias, coma a nosa. E xa que logo, contento de ir chegando a outras latitudes, como está a facer ‘Chamádeme Simbad’ ou esta novela á que quero tanto.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar