menu Menú
CODIGO DA VINCI SI, JOSTEIN GAARDER NON
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en abril 24, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
¿E MAFALDA? Anterior REFLEXIÓN NO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO Siguiente


Onte, o escritor Jostein Gaarder, mundialmente famoso desde os primeiros noventa polo seu El Mundo de Sofía ( Siruela ), mantivo unha conversa dixital cos lectores de El País e que podedes ler aquí.
Entre outras cousas dixo que precisamos da Filosofía para salvar o medio ambiente, que lle «amolaría» ler O Código da Vinci, que no seu periodo de formación leu moito pola súa conta, que sempre lle gustaron os relatos de Borges ou que precisamos políticos valentes.
Sen dúbida, un autor moito máis interesante que Dan Brown. Sen embargo, o da Vinci témolo en galego mais, Jostein Gaarder, traducido a 53 idiomas, aínda non fala galego.
Dado que xa ficou dabondo demostrada a utilidade das traduccións como elemento normalizador, e vista tamén a súa boa saída comercial, ¿para cando unha editorial galega vai atreverse co Gaarder?


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar