menu Menu
COLUMNAS DE LIBROS, E LIBROS, E LIBROS, E...
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 8, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
UN CARACOL DE ROCA Anterior HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 1 Seguinte


Quen dixo iso de que o saber non ocupa lugar non entrou na miña casa.
Os que amamos o libro sabemos que un dos nosos orgullos é entrar na nosa propia bilbioteca a ver os nosos libros. Volumes que xa limos ou que nunca leremos. Algúns deles, moi poucos, abrímolos algunha outra vez na vida. A meirande parte deles manterán as súas cubertas pechadas durante anos ou para sempre.
E ocupan espazo. Moito. E pasámolo mal ao ver que non somos quen, aínda que o tentemos con todas as nosas forzas, de manter esa biblioteca ordenada.
Quen non comparte esta paixón non nos entende. Non poden entendernos.
Coidan que somos rariños.
Probablemente sómolo.
Mais rariños que gozan, orgullosos, desas columnas inestables que se van formando, caóticas e con vida propia, nos distintos currunchos da biblioteca da casa.
Iso non o cambiariamos por practicamente ningunha outra cousa no mundo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar