menu Menu
COMO WOODY ALLEN (2)
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 3, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
TERRAGRAFÍAS Anterior OBRADOIRO LITERARIO EN COMPOSTELA EN OUTUBRO Seguinte

Hai uns días comentaba algunhas cousas sobre esta entrevista con Woody Allen. Hoxe, quero dicir algo máis. Porque toda ela é unha longa reflexión sobre o feito de crear. Por que o facemos. Que nos leva a madrugar para escribir, a non deitarnos á noite para escribir, a estar no parque pensando nunha novela, a ir no autobús pelexando por dentro cun concepto para un poema.

Poderiamos dicir que os que nos dedicamos a isto facémolo, en parte, porque nos é inevitable. Absolutamente inevitable. Por fortuna inevitable.

A pesar do medo que sempre dá enfrontarse a unha nova obra. A pesar do pánico que sempre ataca cando comprendemos que está moi lonxe do sublime o que andamos a facer.

En palabras de Woody Allen:

siempre empiezo pensando que va a ser lo mejor que he filmado en mi vida y acabo diciéndome que haría cualquier cosa con tal de evitar la vergüenza de que sea proyectada. De todos modos, lo fascinante de cualquier forma de arte, ya sea el resultado bueno, mediocre o terrible, es que nunca será perfecta. Al acabar, estás empujado a intentarlo de nuevo.

Pois iso.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar