menu Menú
CONTOS DE FADAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en noviembre 14, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
UN PAR DE LABAZADAS Anterior A WEB DE XERARDO MÉNDEZ Siguiente


A verdade, nunca fun un apaixonado de Jostein Gaarder. Quizais porque cando aquel boom d’O Mundo de Sofía e eu era profesor de Filosofía e decatábame xa non só das ausencias naquela particular historia do pensamento, senón, sobre todo, de certo recendiño escolástico que renxía un pouco.
Sen embargo, cando un ex-alumno me agasallou Vita Brevis, unha noveliña que xoga a inventar a vida da concubina de Santo Agostiño antes de se converter ao cristianismo, reconcilieime con el.
Hoxe, tráiovos aquí unha frase súa que, en días coma os de hoxe, teño moitas gañas de asinar:
«A realidade non posúe ningunha ventaxe racional sobre un conto de fadas calquera».


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar