menu Menu
CONTOS PARA PARVOS (E PARA PARVAS)
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Abril 14, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
AS TELES PRIVADAS, A CALIDADE, E O TIMO QUE NOS METERON Anterior HOXE FALAREI DE CARLA BRUNI E LETIZIA (UNHA REPUBLICANA REFLEXIÓN) Seguinte

A pasada fin de semana, a ministra de igualdade Bibiana Aído conseguiu titulares e, sobre todo, críticas, ao saír coa idea de suprimir dos centros de ensino os contos de toda a vida polo seu carácter sexista. A proposta, ademais dun disparate, é un sensentido pedagóxico pois, agás algúns centros ancorados no pleistoceno ideolóxico ou relixioso, o material para estes chanzos de idade que se manexan (os primeiros cursos, os que andan con álbums, contos, etc. ) adoitan estar a anos luz do sexismo, a discriminación e a repetición de xénero tradicional.

A cousa amólame moito, porque teño para min que se hai un ministerio crucial pola súa importancia a día de hoxe, ese é o da señora Aído, e metendo a pata desta maneira, o que se lle dá son armas ás ultradereitas máis ou menos disfrazadas (partidos, emisoras de radio, xornais, etc. ) aos que preocupa seriamente a implantación de reais políticas de igualdade. E xa se sabe que, ao final, co que queda a xente é coa superficie. O sábado mesmo dicíamo unha veciña:

– Ahora el PSOE quiere prohibir a los siete enanitos.

– Si, mulleriña, si. E a Branca de Neve tamén.

Mellor farían preocupándose de acabar coa imaxe de parva-sumisa-lela-dependente que ofrecen da muller a meirande parte dos anuncios de perfumes ou da industria da moda.

Mellor iso que seguir contando contos para parvos (e para parvas).


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar