menu Menú
CONTRA O BOÍSMO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en noviembre 9, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
VOU FACER UN STREAPTEASE Anterior A sombra que asombra Siguiente

Este venres e sábado andarei por Porto participando nos 16 Encontros luso-galaico-franceses do libro infantil e xuvenil. Teño un relatorio sobre a Edición para este chanzo de idade e outro sobre a miña obra, en conversa coa crítica literaria Montse Pena Presas.

Non é só do que vou falar, pero cando fale da miña escrita, entre outras cousas direi que estou farto fartiño do boísmo na LIX, de nenos e nenas que semellan estar a piques de montar unha ONG, de que non se traten os problemas sociais nos libros para este chanzo de idade, de que todo sexa de cor de rosa, ecolóxico, bendito…

En Un bosque cheo de faias a historia era sobre a violencia neonazi. Os fascistas mataban. En O ceo dos afogados os delfíns matan a un dos personaxes, e fano con extrema crueldade. En Chamádeme Simbad a familia abandona ao vello enfermo. En O segredo de Marco Polo o pai está disposto a matar ao fillo. E ao fillo non lle importaría moito que morrese seu pai.

A literatura, tamén a LIX, debe falar do mundo real. Se non, non me interesa.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar