menu Menú
¿CONTRATARÍAN VOSTEDES A UN CANDIDATO ASÍ?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 6, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
TOCAR AS BOWLINGS Anterior ¿QUE É E QUE NON É LITERATURA? Siguiente


Os do Clube Financeiro de Vigo sacaron un comunicado avisando ( menos mal que avisan, que alivio )
de que a galeguización do ensino implica unha morea de desastres económicos e de perda de competitividade
e non sei que outras cousas que, de tan canso como estou a estas horas ( pero de escoitar parvadas ) xa non poño aquí.
Eles – como os de Galicia Bilingüe – din que non teñen nada contra do galego.
Sego tan canso que nin forzas teño para dicirlles que minten.
Así que, resumireino todo nunha pregunta: dado que vostedes non teñen nada contra do galego, que é todo cuestión de economía e rendabilidade
e de que o inglés é a lingua do futuro ( mentira, é o chino mandalín, coma o flan ), etc., ¿contratarían vostedes a un tipo/a
supercualificado/a coas mellores notas posibles, másteres, experiencia internacional, que falase tres ou catro idiomas, etc., pero que lles
fixera a entrevista en galego?, ¿contrataríano?


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar