menu Menu
CORINA PORRO, BARACK OBAMA E EU
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 4, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
A sombra que asombra Anterior VEÑO DE FACER TESTAMENTO Seguinte

De cando en vez leo novas que me deixan  moi preocupado. Porque cando resulta que persoas que sei que están nas antípodas da miña sensibilidade, pois resulta que teñen os meus mesmos gustos, carafio, éntrame así como cousa.

Pasoume hai tempo co presidente da Xunta, fan entregado, coma min, de Luis Eduardo Aute e dos Dire Straits. Agora, leo que Barack Obama, xa sabedes, o premio Nobel da Paz que aínda non alzou a súa voz contra das barbaridades do goberno da China, non vaia ser, ten metido no seu trebello de escoitar música todo o rato a Bob Dylan, outro dos meus mitos máis grandes.

Daquela, estou aterrado ao saber que Corina Porro, candidata á alcadía de Vigo polo PP, permítenos, dende a súa nova web, escoitar a música que selecciou para nós. Ponme medo de verdade. Aínda non me atrevín. Como saian os Beatles morro do desgusto…


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar