menu Menú
COUSAS QUE NON SE ENTENDEN (2ª PARTE)
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en agosto 2, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
VOLVÍN Anterior COUSAS QUE NON SE ENTENDEN (1ª PARTE) Siguiente

jose_tomas

Seguindo co de onte, hai outra cousa que non entendo.

Os xornais galegos, todos todiños sen excepción, hoxe dedican páxinas completas (seica non hai nada interesante que contar, será por iso que xa case que ninguén le a prensa e imos todos de cabeza aos blogs e facebooks e twitters, etc…) a Xosé Tomás, e á desgraza de corrida (hai corridas que non dan gusto, seica) que foi a primeira tourada de Pontevedra (por certo, canto politico por alí, dando exemplo, aínda que non sei de que).

Repito: páxinas completas nos xornais galegos.

Un vello axioma xornalístico di que os medios de comunicación deben dedicar o seu espazo ao que lle interesa a xente.

Pois algo está mal, porque os estudos máis serios sinalan que as corridas (as de touros) só lle interesan ao 3 por cento dos galegos. Daquela, a atención mediática que se lles dispensa non é de todo lóxica se 97 de cada cen galegos non lles importan as corridas de José Tomás nin de Espartaco.

E xa que estamos: aos galegos e galegas impórtalles moito máis do 3 por cento a literatura e a cultura galega, sen embargo, o espazo que se lles dedica, en xeral, nos medios á esta realidade obxectivamente máis interesante para nós, non se corresponde coa porcentaxe obtida.

Daquela, sigo pedindo luz para que alguén mo explique.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar