menu Menú
CREDIBILIDADE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 10, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
¿HAI TABÚS NA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL? Anterior HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 5 Siguiente


Hoxe no xornal El País podemos ler un extenso traballo de John Carlin arredor do futuro da prensa, dado que de cada vez perde máis lectores fronte do universo dixital que os gana sen parar.
Eu xa reflexionei, e reflexionei e reflexionei algo sobre isto. Mais hoxe teño que volver porque, nese traballo que vos digo, o senador John Kerry sinala que non ve nos bloggers a credibilidade que hai na prensa tradicional de papel.
A ver, eu só fago unha pregunta: ¿e que alguén pensa que hoxe a credibilidade é o valor máis en alza da prensa tradicional de papel?, ¿non están sometidos a presións políticas e, sobre todo económicas – a través da publicidade – de tal xeito que rematan sendo «a voz do seu amo»?
Disinto do senador: nalgúns bloggers ( moi poucos, abofé ) eu atopo credibilidade. ¿Nos xornais que temos por aquí? Só a cachos.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar