menu Menú
CRISES DE VERDADE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 30, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
GALICIA BIROLLA Anterior CUNQUEIRO ENTRE COLECTORES DE LIXO Siguiente

Un ano máis, o gremio de editores aproveitou para, presentando o Barómetro de Hábitos de Lectura e Compra de Libros, neste caso correspondente ao 2007, sinalar que no estado español hai un atraso importante. Centrándonos no caso galego, coma vén sendo costume dende hai un par de anos, andamos polo final, cos extremeños.
Fronte destes datos, xa tantos anos comentados neste blog, só direi que xa que os políticos tanto falan da crise, alguén debería sinalar que un país está verdadeiramente en crise non se os grandes bancos e as grandes multinacionais do ladrillo deixan de ingresar a millonada que, de todos os xeitos van ingresar, senón se os seus habitantes non se achegan polas librerías e bibliotecas, polos museos e as tendas de música. Etcétera.
E, por outra banda, que non hai peor pesimismo que o da rutina. Hai quen ten asumida que a realidade é esa: non se le e punto. Fronte diso, que para moitos é «o natural», reclamo o dereito ao optimismo, á lectura militante e contaxiosa.
E postos a reclamar, pido para o meu país a posibilidade de, algún día, saír deses últimos postos. Por que non.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar