menu Menu
CRÓNICA DENDE BOLONIA 2
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 25, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
CRÓNICA DENDE BOLONIA (e 3) Anterior CRÓNICA DENDE BOLONIA Seguinte

Cada día déitome máis tarde aquí, pero é que as conversas son inacabables, as ideas cambian o mundo e, cando  menos arredor dunha boa mesa chea de dóces docísimos italianos e, sobre todo, de limoncello, o mundo cámbiase de todo.

A xornada foi impresionante. Esgotadora pero impresionante. Hoxe puiden intercambiar ideas e imaxinar proxectos con cataláns, mexicanos, vascos, coreanos, hungaros e daneses. Entre outros. Unha semana non chega para asumir todo o que se pode facer nesta feira onde a imaxinación é libro, onde a fantasía vive, en calquera das súas posibles perspectivas, en páxinas a cada cal mellor feita.

Mañá será aínda máis intenso. O venres, tiramos para a terra. Coa cabeciña tola de tanto soñar.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar