E esta será a derradeira. Se todo vai ben, sobre as cinco e media da tarde de mañá venres aterrarei en Vigo. Volvo con dúas maletas de máis que, a ollos dos carabineiri estarán cheas de libros, cedés de ilustradores, material vario e variado; cousas de editor. Probablemente pitarei no detector de metais, como á ida. Pero non será polo que leve enriba (á ida, en París, onde fixen transbordo, tocoume sacar zapatos, chaqueta e cinto; case que quedo en bólas). Se pita será porque as dúas maletas de máis que traio de volta para Galicia veñen cheas de soños, preñadas de fantasía, pletóricas de ideas e fartas de beleza. E todo iso seguro que pita.
Co corpo canso, pasei estas derradeiras horas antes de me deitar, en animada conversa arredor, outra vez, dunha lasagna deliciosa e de dóces magníficos, con dúas excelentes editoras. O que aprendín na súa conversa seino eu. O que gocei falando de libros e de poesía, tamén.
Esta primeira experiencia na Feira do Libro Infantil de Bolonia non puido ser máis satisfactoria. Moitísimo máis do que podo ser capaz de escribirvos aquí a estas horas despois de tres días de tantísimo traballo feliz.
Seguiremos falando dende a casa. Xa estou case que aí.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.