menu Menu
Culleredo celebra o Día da Música co concerto de Francisco Castro & A Banda dos Borges
Esta actuación forma parte do programa municipal Culleredo en Escena e insírese na Festa da Música da Deputación
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Axenda, Música en Xuño 18, 2025 0 Comentarios 1 min lectura
Unha nacionalista radical Anterior Un amigo chamado ChatGPT Seguinte

(NOTICIA DO XORNAL CORUÑAXA )

O Concello de Culleredo súmase á celebración do Día da Música cun concerto especial de Francisco Castro & A Banda dos Borges, que terá lugar este sábado, 21 de xuño, ás 20.30 horas no Auditorio do Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo. A entrada será libre e gratuíta ata completar aforo, sen necesidade de reserva previa.

Esta actuación forma parte do programa municipal Culleredo en Escena e insírese na Festa da Música impulsada pola Deputación da Coruña, unha iniciativa que está a levar propostas musicais a numerosos concellos da provincia ao longo deste mes.

Neste concerto, o recoñecido escritor galego Francisco Castro presentará o seu primeiro traballo discográfico, Agora é o tempo, acompañado pola formación A Banda dos Borges. Trátase dunha nova etapa artística para o autor, que aposta pola música como canle de expresión, cun estilo que transita entre o rock and roll e o funkie.

A través das súas letras, Castro aborda temas contemporáneos desde unha perspectiva crítica e reflexiva, buscando “comprender o mundo e sinalar aquilo que considera necesario transformar”, nun exercicio artístico que traslada á música o compromiso presente na súa obra literaria.

Culleredo prepárase así para unha noite de música e reflexión, nun evento que conxuga cultura, pensamento e celebración.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar