menu Menú
CUNQUEIRO ENTRE COLECTORES DE LIXO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 29, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
CRISES DE VERDADE Anterior FACERSE A CIRURXÍA LINGÜÍSTICO-ESTÉTICA Siguiente

Hai un par de meses xa falei deste asunto. Agora, volvo porque o pasado domingo La Voz de Galicia ilustraba unha reportaxe sobre outro tema, cunha foto da famosa estatua de Cunqueiro en Mondoñedo. Ao seu carón, parasoles de xeados e un colector de lixo, definitivo e atroz.
Xa podía aparecerse por alí a Fadamorgana e a Xenebra e, xuntas, lanzarlle un meigallo ao concello en pleno por permitir a aldraxe e, de paso, a todos os gobernanciños desta terra nosa que non saben – nin lles importa – da importancia de coidar os símbolos.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar