Esta será unha semana completiña no que se refire a actos arredor de IN VINO VERITAS. O luns, Día da Patria Galega estarei no Festigal, no Campus Sur de Santiago, contra as 16,45, acompañado de Carlos Lema, director literario de Galaxia e a profesora e investigadora Malores Villanueva. O mércores, a partir das 20 horas, andarei pola sección de librería de El Corte Inglés de Vigo, asinando exemplares desta ou doutras obras. Estades todas e todos convidados a ambos os actos. Será un pracer vervos.
Hoxe e como cada sábado, deixo un texto meu lido por min. Neste caso, é un fragmento desa novela. Corresponde ás primeiras páxinas, cando Xulio Míguez, o detective protagonista, vai pasar a noite do venres vendo o programa de telelixo no que traballa a súa amiga, da que está profundamente namorado dende hai anos, Marta Ruíz. Para el é unha cómoda rutina: abrir un bo viño, quitarlle o son á tele, e observar á súa amada.
Déixovolo na miña voz, aquí.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.