menu Menu
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'Play-Back'
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Da miña boca á tua orella en Outubro 1, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
É DOMINGO POLA MAÑÁ Anterior LIBERDADE? Seguinte

No ano 1997 eu decidira non volver escribir máis. Xa perdera a conta das editoriais que me rexeitaran unha boa chea de orixinais. Por outra banda, nos concursos literarios non tiña sorte ningunha. Tiña a sensación de que tanto esforzo (horas e horas todos os días durante anos), non ía levarme a ningures.

Xa como unha derradeira e definitiva opción, enviei unha novela que titulei Play-back ao Lueiro Rey de Novela Curta. Para escribila pasei tempo falando con músicos de verbena (normal, son un músico frustado e daquela achégome á música doutros xeitos) e novelei unha historia sobre Lisardo, un trompetista que monta a Orquestra Edén e que axiña bate contra das mafias que, cando menos naquela altura (non sei hoxe) gobernaban o asunto das contratacións, subcontratacións, vendas e revendas de grupos, etc.

Para a miña sorpresa, a novela gañou. E dende aquel día, a verdade, a miña sorte como literato mudou moito. Play-back foi pesimamente editada e peor distribuída pola Deputación de Pontevedra e, ata onde eu sei, non existen exemplares por ningures.

Hoxe déixovos un fragmento, na miña voz, aquí.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar