menu Menu
DE QUE LIBRO APRENDICHES ALGO E QUE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 3, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
¿QUE DIN AS ALTAS COPAS DE ESCURO ARUME ARPADO? Anterior ESCURO, INVISIBLE E CASE NEGRO Seguinte

pensar

Hoxe teño ganas – que xa van meses sen facelo – de vos facer unha pregunta.

A literatura é, tamén, unha forma de coñecemento. E ás veces aprendemos máis sobre o mundo ou sobre nós mesmos lendo unha novela ou reflexionando sobre un poema que descifrando un sesudo ensaio sobre calquera cousa. Así, na miña vida foron centros os libros nos que aprendín cousas esenciais.

Por exemplo (e poñer este non quere dicir que sexa o máis importante), cando lin a Kerouac por vez primeira entendín que na miña vida faltaban as viaxes, outras latitudes, outros mundos e xentes que ver e amar.

Puxen este exemplo pero podería dicir calquera outra cousa. Por exemplo, que cando lin a Borges (tiña dezapoucos) entendín que quería ser escritor.

Agora, tócache a ti.

De que libro aprendiches algo e que.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar