menu Menú
DECONSTRUÍNDO A MARCO POLO 1
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en octubre 8, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'As palabras da néboa' Anterior ESCOITA O PRIMEIRO CAPÍTULO DE 'CHAMÁDEME SIMBAD' Siguiente

Aínda que hai meses que saíu o libro, sego lendo sobre Marco Polo, aínda fascinado pola súa figura e pola súa fazaña. Por iso quero dedicarlle tres post máis para acabar de dicir o que quero dicir. Despois calarei para sempre sobre isto (escribo estas verbas pero cos dedos cruzados, non vaia ser).

A xente facía colas para escoitar as historias que Marco Polo contaba, en especial durante os tres anos de cativerio a mans dos xenoveses, cando coñeceu a Rustichello de Pisa, redactor do libro no que se conta a viaxe marabillosa do veneciano. A meirande parte dos seus contemporáneos non o creron. Pero é certo que, independentemente do en serio que tomasen as súas verbas, debeu de ser un grandísimo contador de historias.

Todos devecemos por atopar grandes contadores de historias. Por iso lemos. Vivimos necesitados da fantasía e libros bos. E por iso narradores excelentes como Marco Polo, aliméntannos dunha maneira moi profunda. Agora é a tele quen conta as historias.

E non emociona nin a metade do que o fai unha historia ben contada e de viva voz.

Por iso impresiona tanto unha das frases derradeiras, pronunciada xa no leito de morte:

Non contei nin a metade do que vin.

¿Como sería de marabilloso, Marco, todo o que deixaches sen nos contar?


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar