menu Menú
DECONSTRUÍNDO A MARCO POLO (e 3)
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en octubre 11, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
PARA QUEN ANDE ESTE MÉRCORES POR COMPOSTELA... Anterior DECONSTRUÍNDO A MARCO POLO 2 Siguiente

Para rematar con estas reflexións arredor de Marco Polo, direi que conseguiu unha das cousas máis difíciles de lograr por calquera ser humano: ser soñado a través do tempo por centos de persoas en moi distintos lugares do mundo. Quero dicir, que a súa xesta, sobre todo (eu tentei transmitir isto no meu libro), serviu de inspiración para que outros moitos, dende hai séculos, quixesen viaxar, coñecer o resto do mundo, namorar da idea de que a vida é tan poderosa e tan fermosa que non paga a pena vivir e morrer no mesmo sitio.

A viaxe de Marco Polo, e sobre todo, o feito de que a deixase escrita, é unha mensaxe esperanzada para todos os que nacemos despois e que se resume máis ou menos nunha única idea feliz: o mundo é grande, marabilloso, e digno de ser visto. Só tes unha vida. Daquela, vai a por ese mundo que está a agardar por ti.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar