Hai tempo que quería escribir un textiño deses que, cando se len, hai quen di que é pura demagoxia.
Pois aí vai.
O goberno de España vai gastar 10.795,4 millóns de euros en 87 avións de combate tipo caza. Xa foron entregados 19. O Ministerio de Defensa leva gastados xa 563.7 millóns de euros nisto. Cada avión custa 124 millóns.
Comezo coa demagoxia:
¿Cantas bibliotecas se podían crear con eses cartos?, ¿cantas campañas de fomento da lectura pagar?, ¿cantos proxectos culturais axudar a desenvolver?, ¿cantas becas conceder?.
Disimulen a demagoxia.
Porque dicir este tipo de obviedades, seica, é pura demagoxia.
Mais a pesares disto, atúrenme unha derradeira reflexión: o feito de que se gaste tanto en armamento, e tan pouco en cultura, debe de ser ou porque estamos en guerra ou porque andamos sobrados de cultura.
Eu que sei.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.