menu Menu
DEIXOUNOS DON PACO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 27, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
E SE HOXE REMATASE O MUNDO, QUE LEVARÍAS? Anterior HOXE, UNHA CONFESIÓN ÍNTIMA Seguinte

Hoxe o venres tinguiuse tristeiro. Cando a noite xa era noite, soubemos que viña de deixarnos un home de luz. Francisco Fernández del Riego, intelectual galeguista, fillo da Xeración Nós, fundador da Editorial Galaxia, expresidente da RAG, pai do Día das Letras Galegas, escritor, crítico literario, director da Penzol ata hai nada… morría na súa casa de Vigo, moi preto da sede histórica da nosa editorial, pegado á Alameda onde tantas e tantas veces tivemos ocasión de velo pasear e parolar con el.

Non é hoxe tempo para escribir tópicos baleiros. Os que tivemos a sorte de coñecelo (no meu caso, moito menos do que eu tería desexado) lembrarémolo sempre polo seu exemplo sen fisuras, polo seu compromiso indubidable e, sobre todo, pola paixón que sempre nos entregou. Neste sentido, lembro a emoción que sentín o día que se inaugurou a réplica do despacho de Ramón Piñeiro na Penzol de Vigo, e cando comezou a explicarnos, o incrible que era que aquela idea que uns cantos mozotes tiveran de fundar Galaxia, ao final, callara e fora para adiante. E lembro que dixo algo así como “e aquí estamos”. E escoitei un apaluso longo longuísimo como nunca escoitara antes na vida. Era o recoñecemento enteiro dun país que lle debe moito por todo o que el nos agasallou.

Para don Paco, toda a luz posible. As lembranzas das boas todas. O agarimo e o agradecemento para sempre.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar