menu Menú
DEMOSTRACIÓN DE QUE NON HAI FAME NO MUNDO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 1, 2006 0 Comentarios 1 min lectura
ESVARANDO POLA BURBULLA Anterior COMA JOYCE NON, MELLOR COMA PICASSO Siguiente

A pesares de que o propio goberno dos Estados Unidos recoñece que máis de 35 millóns de cidadáns nese país pasan fame, deuse a orde de suprimir a palabra famento do seu vocabulario oficial e cambiala por inseguridade alimentaria.
Iso si que é poesía.
Se por poesía entendemos a arte de facer que as palabras signifiquen outra cousa distinta do que significan, debemos admitir a Bush no Parnaso pero xa.
Non pasan fame. Son unha panda de inseguros.
Non me sorprende.
Hai un mes aprobaron unha Lei da Tortura ( por suposto, son poetas, e non a chaman así ) na que, en troques de utilizar esa palabra, tortura, utilizan interrogatorio extremo.
Cando te meten en Guantánamo non te torturan. Interrógante con insistencia.
Poetas.
Lembrade o 1984 de Orwell. O estado procuraba a neolingua. ¿Para que? Porque sabían que o máis forte que existe no mundo é a palabra, e se conseguían dotar ás verbas doutro significado diferente ao habitual, daquela, a realidade sería outra.
Máis amable. Máis doada de dixerir.
Máis poética.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar