menu Menu
DESDE UN BURATO BAIXO TERRA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Maio 29, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
ARROLAR Anterior BORGES. CELA. O NOBEL Seguinte


Veño de rematar un libro absolutamente impresionante. Un deses textos que, a pesares de non ter a intensidade literaria doutros moitos que nos fan gozar, si que posúe o estilo e, sobre todo, a grandeza da historia que nos quere contar, como para abraiarnos e deixarnos facéndonos preguntas.

O seu autor – supostamente, porque o tempo demostrou que se limitou a traballar co manuscrito dun xudeu alemán perseguido – foi Wolfgang Koeppen e o seu expresivo título é Anotaciones de Jakob Littner desde un agujero bajo tierra. Está editada por Alba Editorial e podedes ler o Prefacio aquí.
O título explica o que literalmente di: a historia dun xudeu alemán chamado Jakob Littner, que tiña un negocio filatélico en Münich. Era xudeu e, xa que logo, nos anos do ascenso hitleriano comezan as súas penurias. Ao xeito dunha especie de lúgubre diario, vainos narrando como é, ao primeiro, encarcerado nuu guetto, e, despois, como os cans famentos da SS e da milica xudea e ucraína, van matándoos programadamente. El salvou a vida porque, literalmente, con outros, meteuse nun burato no chan.

Anos despois, escribiu o manuscrito que remataría nas mans dun editor que llo ofreceu a Koeppen quen, finalmente, elaboraría – literaturizándoo – o libro.
Recoméndovolo con entusiasmo. Polo seu valor documental. E pola verdade que transmite en toda a súa anguria.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar