menu Menu
DESPOIS DE MEIRÁS, PAMBRE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Agosto 15, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
IGUAL COMETÍN UNHA BARBARIDADE Anterior SHERLOCK E HOUSE Seguinte


Hai uns meses alguén ben informado e que viña de ler o meu As palabras da néboa, díxomo: están deixando que se caia a cachos o castelo de Pambre.
Sae na novela e por iso lle chamou a atención. Literalmente: que se cae.
Agora, os medios dan conta de que ese castelo, o único que quedou en pé trala revolta irmandiña, xa que logo, parte importante da nosa historia, está no ollo da Xunta para conseguir que se abra ao público catro días á semana e, sobre todo, para obrigar aos seus propietarios a que o teñan en condicións. A prensa faise eco de que as pedras caen das torres. Asociacións culturais e plataformas veciñais piden directamente a expropieación do castelo.
Co Pazo de Meirás ( ese salón de vodas ) conseguise moito. Aínda non todo. Aínda hai que llo devolver ao pobo. Sendo diferentes os casos, o certo é que o pulo que se colleu habería que facelo reverter tamén en Pambre.
Para que realmente sexamos donos da nosa historia e poidamos gozar dela.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar