Hai uns días, en Bueu, cheguei, como me pasa sempre, moi cedo ao acto no que tiña que falar. Sempre saio con tempo por se o tráfico, por se non hai onde aparcar, por se me perdo, por se, por se, por se. Sentei nun banco a ler. Tiña media hora. Ao pouco, un home máis ou menos do meu tempo parábase xusto diante. Erguín os ollos do libro e vin que estaba esperando por unha muller algo máis nova que viña pola mesma beirarúa. En nada, tíñaos aos dous fronte miña.
-Prométeme que en canto me chamen para entrar no cárcere vas a…-dixo el.
O ruído brutal do camión do lixo do Concello impediume escoitar que era o que lle estaba pedindo que prometese. Boteille unha ollada carraxenta ao camión e volvín a cabeza de novo cara eles. Ela collíalle as mans e logo dáballe dous bicos.
-Claro -respondeu ela.
Vino marchar con rostro aliviado e, a ela, como máis maior. Coma se un peso tremendo lle caese de súpeto sobre as costas, facéndoa máis vella.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.