Dous días de poesía seguidos.
E estades todos convidados.
Por unha banda este mércores participarei nun recital de poesía con Xosé María Álvarez Cáccamo, Eva Veiga, Lucía Novas e Carlos Fontes co gallo da presentación do número 25 da revista editada en Cuba, ‘Extramuros’, que contén unha escolma de poesía galega dende Rosalía de Castro ata os nosos días. Eu aí deixei un poema que recitarei. Ás 20 horas no Café Moderno.
E ao día seguinte, é dicir, o xoves, estarei nunha mesa redonda inaugural do ciclo de Escritores/as na Universidade na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, en calidade de membro da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega canda o secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e un representante da facultade. Os poetas convidados son Antonio García Teijeiro, Elvira Riveiro e Luís G. Tosar. A partir das 12.
Queda todo o mundo convidado para gozar, e de balde, de dous días de poesía.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.