menu Menu
DROGADICTOS TODOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 5, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
UN LITERATO É UN HOME INDEPENDENTE Anterior DICIR O QUE SE PENSA Seguinte


Sego a voltas co libro de Kerouac do que xa falei noutras ocasións.
Hai un intre no que di: “Todo o mundo drógase con algo”.
Desde logo, leva razón. Porque todos, comprobado de que vai isto de vivir en sociedade, procuramos unha porta pola que escapar.
Kerouac e outros fixérono pola vía química (drogas puras e duras ). Pero outros dróganse coa televisión, ou coa moda, ou co fútbol, ou consumindo compulsivamente.
Os que me coñecedes sabedes que eu escapo do mundo lendo libros. Esa é a miña droga. O meu xeito de estar noutro lugar mellor. Abro as páxinas e déixome secuestrar. Mentres leo non existo e nada me preocupa. Mentres leo son do libro.
E nin son capaz de deixalo nin penso.
Coma a moza da foto, a miña adicción permíteme enfrontarme, e soportar, un mundo que non me gusta. Coma a moza da foto, a miña adicción permíteme enfrontarme, e ofrecerlle algo mellor, ao mundo.
Disimulen esta confesión tan íntima.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar