Nun bo artigo de Javier Marías sobre un asunto que non me interesa nada, atopo unha frase que me fai reflexionar: creo que la música es superior a la literatura y seguramente a todas las artes: no dice ni explica, a diferencia de la poesía y la novela, y no muestra ni señala, a diferencia de la pintura y la escultura, y en ese sentido es mucho más neutra y libre y menos impositiva.
Eu sempre digo o mesmo: se fose conselleiro ou ministro de educación ( cousa de todo certo improbable, nesas non me verán ) a única asignatura que poría obrigatoria sería Música. Desde os 3 anos ata o remate do ensino obrigatorio. A estudar música todos os cursos. E a cantar. E a aprender a tocar un instrumento. E a tocar en grupo.
Porque quen sabe apreciar a música, probablemente sabe escoitar mellor.
E tal e como andamos, saber escoitar case que é máis importante que falar. Porque hai xente, moita, que di, quero expresarme. E eu coido que é moito mellor dicir: estou disposto a escoitarte.
Non sei se a música é superior á literatura. O que si sei é que sen a música, eu non lería, nin escribiría, como o fago. E aínda que me repita: sen a música ( e desde logo sen a literatura ) eu non sería quen son.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.