menu Menu
E OS EMPRESARIOS, REALMENTE CONTENTOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Febreiro 11, 2012 0 Comentarios 2 min lectura
MENOS TECNOLOXÍA E MÁIS POESÍA Anterior Por unha reivindicación da asignatura de Música Seguinte

Eu creo que si que temos que empezar a preocuparnos en serio. E miren que eu non son moi de dicir estas cousas, pero hai algo que agora mudou, dende que goberna o PP, que xa non é igual que cando gobernaba o PSOE. E é que antes, na era Zapatero, falaban da necesidade de facer unha reforma laboral. Era algo así como unha obsesión obsesivamente obsesiva. Unha reforma, por suposto, disfrazada de verbas como eficacia ou flexibilidade, pero que, en realidade, o que vén sendo é despido barato e soldos de miseria. Igual estou simplificando pero vén sendo iso. Eu non lles digo que non se xera emprego así. Pero é obvio que é emprego en precario, mal pagado. Dará igual os estudos que un teña, ou non cobrar as horas extras. Haberá traballo. Indigno pero traballo.

Claro, na época dos escravos, os escravos estaban todos traballando…

Pero como lles digo, algo mudou. Porque agora xa non piden esa reforma do mercado laboral porque saben que esa reforma xa se está a facer, que xa está en marcha, que xa se está a facer, viva viva viva. E celebran que vaia na boa dirección. E chámenme demagogo ou incluso, roxo, pero polo xeral, cando se dan estas tan descaradas alegrías patronais hai motivos máis que dabondo para que imaxinemos sufrimentos para a outra parte implicada. Decátome de que soa incluso marxista, miren que sábado máis raro levo hoxe.

Sinceramente, eu non lles sei se a saída da crise para por perder dereitos fundamentais, medio privatizar a sanidade, esnaquizar o ensino público, reducir as axudas á igualdade, cuestionar as pensións, etc. Mais ben penso que, xa que hai crise, algúns aproveitados (aos que se lles deu maioría absoluta, non o esquezan), pois iso, que aproveitan para levar a auga ao seu muíño e construir a idea do mundo que eles (e os que lles votaron, se non non o terían feito) consideran o correcto.

E o resto, tranquiliños, vendo a vida pasar.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar