menu Menu
¿E OS LECTORES GALEGOS TAMÉN SON DE SEGUNDA DIVISIÓN?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 16, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
SON OS PAIS, SON AS NAIS Anterior A LITERATURA GALEGA É DE SEGUNDA DIVISIÓN Seguinte

Quero seguir co debate que abrimos antonte.
Hoxe, nun amplo traballo en El País, a profesora e crítica literaria Dolores Vilavedra, falando do éxito de vendas das traduccións ao galego di que hoxe temos lectores máis competentes e menos militantes, máis esixentes e menos compracentes.
Igual que dixen que hoxe non se publica calquera cousa polo simple feito de estar escrita en galego e que, xa que logo, a nosa literatura non ten vocación de ser de segunda división, debo dicir que o lector habitual en galego, tampouco xoga en segunda. Houbo épocas, desde logo, de lectura militante. Mais xa non.
De feito, ata sería mala a existencia de tal tipo de hábito lector. Sospeito que ese prexuízo existe na sociedade. Pero é iso. Prexuízo. E mantelo, implicaría dicir que quen le en galego faino dunha maneira irracional, obsesiva, por “amor á terra” ou chorradas polo estilo. Os lectores e as lectoras normais, cando se achegan a un texto, estea no idioma que estea, o que procuran, se son, insisto, normais, é boa literatura.
Porque non son parvos. E ese é outro dos prexuízos que hai que tentar borrar dunha vez.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar