menu Menu
¿E PASARÍA ALGO SE ZARA FALASE EN GALEGO?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 23, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
UN MEU ARTIGO, PLUMA DE PRATA DA ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE COMPOSTELA Anterior A IMPORTANCIA DE NON DICIR PARVADAS Seguinte

zara

Todos temos estado algunha vez nun Zara. Eu este mesmo serán. E, coma sempre, alucinando coa megafonía: señorita Blanca, acuda a Woman (pronúnciese guoman), ou, Vanessa, acércate a Basic (pronúnciese beisic).

A miña pregunta é obvia: ¿pasaría algo se Zara decidise expresarse en galego? Xa non só pola megafonía, senón na cartelería e na súa publicidade.

Din os que saben disto que o grupo Inditex é un exemplo a seguir dende o punto de vista empresarial. Zaras hai por todo o mundo. Zara é unha marca de prestixio.

Ao que vou: ¿alguén pensa de verdade que habían deixar de gañar o mundo de cartos que gañan se en troques de dicir woman dixesen muller?, ¿alguén pensa que na Bolsa había irlles peor de saberse que en Galicia (no resto do estado non é preciso, por suposto) se  dirixen aos clientes na lingua propia?, ¿os accionistas fuxirían en masa aínda que os beneficios seguisen medrando?

Estou convencido de que non. Que os que gustan da súa roupa, do seu estilo e das súas maneiras, habían seguir mercando aínda que por megafonía oísen a lingua nosa.

Daquela, resposto: se Zara falase en galego non pasaría absolutamente nada.

A nivel comercial.

Sen embargo, para o país, sería un salto cualitativo importantísimo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar