menu Menu
¿E SE ASA LARSSON FOSE GALEGA?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Agosto 22, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
VAIA COÑAZO! Anterior DAQUELA, COMO WOODY ALLEN Seguinte

Unha das autoras de moda é Asa Laarson, batendo marcas de vendas en todo o mundo grazas ao seu segundo libro, Sangue derramado. Como non: novela policial e sueca. Seica Suecia non dá poetas, ou narradores doutro xénero nos últimos tempos.

Estes días lin en varios lugares que ela, como tanta outra xente nunha chea de linguas distintas, un día entendeu que tiña que deixar o seu traballo para dedicarse á escrita, é dicir, deixou de ser avogada porque entendeu que lle divertía (así o dixo) escribir.

Asa Larsson é sueca. E daquela pode facer iso. Se fose galega, e aínda que escribise igual de ben (e por volver sobre o tema ) dende logo, non debería, nin de lonxe e por mera prudencia, deixar a toga.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar