menu Menu
¿E SE FIXÉRAMOS UNHA FOLGA OS ESCRITOR@S, QUE PASARÍA?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Febreiro 28, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
EU SON ESCORPIO (A VER SE ASÍ ME LEN MÁIS) Anterior ALICIA É A LITERATURA Seguinte

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ekdmeSkQZM0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Absolutamente nada.

Ocorréuseme esta idea brillante, e esta conclusión deprimente, lendo esta entrevista con Carme Freire, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, onde di unha verdade enorme: “O movemento social é o único que pode facer variar a política institucional”. Ou sexa, o de sempre, que se os colectivos se mobilizan, as xuntas e gobernos centrais, ceden. Sempre foi así e é lexítimo e, sobre todo, necesario, en especial hoxe que vivimos estes tempos tan acougados de máis, perdendo dereitos día si e día tamén e sen que pase, aparentemente, nada, sen capacidade de reacción algunha ninguén en ningunha parte.

Pero non era diso do que quería falar, senón sobre que pasaría se nos dera aos escritores e escritoras en lingua galega por nos declarar en folga pola ausencia de apoios ao noso traballo por parte de quen ten, entre outras funcións, a de promovernos por aí adiante, se declararamos unha folga de ordenadores apagados, de blogues parados, etc. ¿sentiría a Consellería de Cultura que está diante dun conflito brutal?, ¿pensarían os responsables do goberno galego que de verdade que pasa algo grave?

Para min que non.

Igual ata se aliviaban.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar