Hai un par de días fun a un cole a falar dun libro meu que trata da violencia neonazi e que viñan de ler e de traballar en profundidade. Os rapaces e rapazas estaban moi abraiados diante do que lles contaba, e expliqueilles que o meu obxectivo, entre outros, era chamar a atención sobre a existencia de grupos xenófobos e racistas, e facelos reflexionar sobre o asunto. Lembreilles que non era para nada un tema do pasado, e que había só uns días, nas eleccións europeas a ultradereita viña de ser a formación política que máis medrara en todo o continente. E que daquela había motivos para nos preocupar.
Sempre que falo deste tema, teño a sensación de que poden pensar que esaxero, que non é para tanto.
Pero a realidade é a realidade.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.