menu Menu
EGOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 23, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
AGORA ( ¡¡¡O CASTELÁN AMEAZADO??? ) Anterior NO PASAMENTO DE PAUL SCOFIELD E DAS UTOPÍAS Seguinte

Lucidísimo o artigo de onte en Babelia de Juan Cruz, titulado Egos Revueltos sobre, precisamente iso: o ego dos escritores. Pareceume divertidísimo ese comentario de que os escritores “desayunan egos revueltos. Primero yo, y después yo”. Lédeo de vagar e aprenderedes cousas. Sobre todo, que moitos dos nosos grandes mitos literarios tiñan moito de egocéntricos. Desde Borges, que en canto podía aproveitaba para poñer a caldo aos seus contemporáneos, pasando por outros célebres que movían os libros nas tendas para que os seus estivesen por enriba, a aquel que desprezaba o mundo editorial pero mallaba nos editores para que fixesen publicidade dos seus libros.
En calquera caso, tanto egocentrismo demostra que todos somos mortais.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar