menu Menu
ELES TAMÉN LEN
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 1, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
A LITERATURA DE COMBATE E DE COMER Anterior A VERDADEIRA CRISE Seguinte


Hai uns días, o xogador do Barcelona, Henry, concedeu unha entrevista que se converteu en polémica por expresar unha opinión política. A min, o que máis me interesou da entrevista, é que declarou que unha das súas afeccións preferidas é a lectura.
Ese mesmo día, Pau Gasol, nun medio estadounidense definíase como “asiduo lector”.
Daquela, igual temos que recupera aquela vella idea de que unha das maneiras posibles para animar á mocidade a ler é que aqueles que hoxe admiran ( deportistas, triunfitos, modelos… ) falen de que lles gustan os libros, que ocupan parte do seu tempo en ler.
Que sexan un exemplo, tamén, por cultivar a intelixencia.
Quizais para os próximos anuncios para fomentar a lectura do goberno que saia ( escribo este post mentres chegan os primeiros resultados ), terían que falar con eles.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar