Fun profesor de Filosofía durante 18 anos da miña vida. En toda aquela época (como durante os 5 anos de estudante), coma agora, xurde seguido o debate sobre a súa “utilidade” e, polo tanto, se é lóxico que se teña que estudar no Bacharelato. Xa pasaba con moitos pais e nais do meu alumnado que dicían os típicos “e iso para que serve”, ou “por que o meu fillo ten que saber quen foi Platón e o que escribiu, que máis lle dará á miña filla saber se Simone de Beauvoir escribiu o segundo ou o terceiro sexo”. E os partidos, claro, o PP e o PSOE, que así como chegaban ao poder axiña planteaban ou a redución no número de horas (xa se sabe, a filosofía ten que deixar paso a asignaturas “que valgan para algo”) ou, directamente, a súa desaparición.
Nada cambiou en todos estes anos. Seguimos igual. E o debate non morre.
Veredes: a filosofía non é que sexa útil. É que é necesaria. Pensar, razoar, exercer o pensamento crítico, saber argumentar, reflexionar en profundidade sobre os grandes temas da vida e a existencia humana e a realidade, todo iso que fai a filosofía, non é que sexa ou non útil. É que é imprescindible para a vida, para a vida grande, para a vida realmente humana.
Platón dicía que os gobernantes tiñan que ser todos filósofos. Dicíao no sentido de que teñen que ser “sabios e sabias”. Pois para que dicir máis…
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.