menu Menú
EN GALEGO TAMÉN SE PODE RIFAR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 7, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
O TAMAÑO DA SINATURA Anterior CA-CA-CA Siguiente

Este serán, nunha tenda de roupa de Vigo, asistín á demostración empírica, e terrible, de que é certo que estamos a perder falantes e que, probablemente, o único que podemos facer é botarnos a tremer e a chorar.
Dúas irmás ( tal debían ser, polas idades ) falaban entre elas, sobre unha blusa, nun fermoso e espontáneo galego. Mentres, o fillo dunha delas, enredaba, o moi pícaro, dándolle voltas e voltas a un expositor xiratorio con roupa.
Froito do xogo do cativo, o expositor, con grande estruendo, caeu. E ademais, sobre a cabeza do meniño. A que supuxen a nai correu cara el ( e media tenda tamén ) e, despois de asegurarse que non fora máis cá un golpiño de nada na cabeciña, botoulle unha arenga-rifa-moralina nun malísimo e hipergalizado castelán.
A señora non sabe, miña pobre, que en galego tamén pode aleccionar ao seu fillo. A señora non sabe, miña pobre, que está a privarlle a quen máis quere dunha lingua que é, máis que nunca, fala nai.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar