menu Menu
ENTRAR NO ARMARIO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xullo 3, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
NON PODER SER OUTRA COUSA Anterior SARAMAGO E O PAPI Seguinte


Estes días fálase moito de Onetti, que cumpriría 100 anos neste 2009. Das moitas referencias sonoras que estou a escoitar del en distintas emisoras, hai unha que me chamou moito a atención. Explicaba como se convertira en lector. Entrando no armario.
Os pais rifábanlle porque pasaba moito tempo lendo. Daquela, para evitar os seus enfados, metíase dentro dun armario enorme e eles, ao non velo por ningures, daban en pensar que marchara a rúa. E alí pasaba o serán enteiro. Dentro do armario. Lendo.
Non sei que terán os armarios para promover a lectura.
Isabel Allende confesou que foi dentro dun armario onde leu As 1001 noites, neste caso para que non a viran lendo tal pecaminoso texto.
A moralexa disto é que cando un quere ser lector, remata sendo lector.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar