Interesantísimo titular o de A Nosa Terra na entrevista con Arturo Dopico, conselleiro delegado de R: ‘Recomendábannos non usar o galego, pero a resposta foi marabillosa’.
Alguén debería pasarllo aos clubes financeiros e demais bilingües que insisten en que o galego é un problema para o mundo da empresa.
Velaí está unha operadora de telefonía e internet que desde o primeiro intre, hai xa ben de anos, apostou por se dirixir aos potenciais clientes en galego, que os chamas para solucionar os problemas que tes ( que tamén os teñen, como outras operadoras ) e fano en galego, que che envían todos os meses unha completa revista en galego.
E que medra. E que ingresa máis cada ano.
Xa que logo, alguén, insisto, debería contarllo. Para, despois, pedirlles que deixen de mentir, que deixen as falacias sobre que vencellar lingua e economía é un erro.
Porque xa non é que o digamos nós, catro radicais. É que o di a sacrosanta economía que tanto aman.
Parabéns a R.
Así deberían de ser – ao respecto da lingua – todas as empresas do país.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.