Este sábado, entre as 10 e as 13 horas podemos fuxir coa imaxinación da Corentena escribindo, entre todas e todos, un conto. Empezareino eu cunha frase e unha foto alegórica. E logo, quen queira, poderá continualo tendo en conta como vai o conto en función do achegado por outras e outros. Será na miña conta de Instagram (@franciscocastroveloso).
E a iso das 13 horas en punto, eu porei o texto final que o peche.
Apetécevos???
Pois daquela teñamos esa xuntanza virtual para escapar, así, do tedio do confinamento doméstico. E, de paso, creamos cultura!
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.